Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

Este verán vivimos unha barbarie no Estado español. O terrorismo machista, amosou as peores das súas caras de novo. Vivimos un mes de xullo que será lembrado como dos peores en máis dunha década. Asasinatos, parricidios, trata, pederastia, extorsión, desaparicións, manadas, violacións… As mulleres vémonos forzadas a vivir co terror.

Non podemos agardar ao 25N, non podemos volver á rutina coma se nada pasase. É urxente e necesario demostrar que o movemento feminista está sempre presente, e dar resposta contundente ante estes feitos.

Por iso propómosvos que vos xuntedes o próximo 20 de setembro a encher as rúas e a noite de luz violeta.

Esa é a proposta: unha Manifestación Nocturna cun símbolo, a luz violeta. Fronte á barbarie, fronte á escuridade, fronte ao medo, a intimidación, fronte a todo o que nos arrebataron, luz violeta. Todas xuntas, con lanternas, candeas… saiamos e deixemos que o feminismo alague as rúas, que nos vexan, que saiban que non temos medo.

Pedímosvos que convoquedes nos vosos concellos, o voso barrio, que o 20S sexa lembrado como o día en que a noite tornou violeta.

Skip to content