Aviso legal
Neste espazo, a persoa usuaria, poderá atopar toda a información relativa aos termos e condicións legais que definen as relacións entre elas e nós como responsables desta web. Como persoa usuaria, é importante que coñezas estes termos antes de continuar a túa navegación. Asociación Plataforma Feminista Galega, como responsable desta web, asume o compromiso de procesar a información obtida con plenas garantías e cumprir cos requisitos nacionais e europeos que regulan a recompilación e uso dos datos persoais de quen visita a nosa web. Esta web, por tanto, cumpre rigorosamente co RGPD (REGULAMENTO (UE) 2016/679 de protección de datos) e a LSSI-CE a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico.
CONDICIÓNS XERAIS DE USO
As presentes Condicións Xerais regulan o uso (incluíndo o mero acceso) das páxinas da web, integrantes do sitio web de https://plataformafeministagalega.org incluídos os contidos e servizos postos a disposición nelas. Toda persoa que acceda á web, https://plataformafeministagalega.org (“persoa usuaria”) acepta someterse ás Condicións Xerais vixentes en cada momento do portal https://plataformafeministagalega.org.
DATOS PERSOAIS QUE SOLICITAMOS E COMO O FACEMOS
COMPROMISOS E OBRIGAS DAS PERSOAS USUARIAS
A persoa usuaria queda informada, e acepta, que o acceso á presente web non supón, de ningún xeito, o inicio dunha relación comercial con https://plataformafeministagalega.org. Desta forma, a persoa usuaria comprométese a utilizar o sitio web, os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe e a orde pública.
Queda prohibido o uso da web, con fins ilícitos ou lesivos, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento da mesma. Respecto dos contidos desta web, prohíbese a súa utilización para fins comerciais ou publicitarios.
Na utilización da web, https://plataformafeministagalega.org, a persoa usuaria comprométese a non levar a cabo ningunha conduta que puidese danar a imaxe, os intereses e os dereitos da Plataforma Feminista Galega ou de terceiras persoas ou que impedise, de calquera forma, a normal utilización da web. No entanto, a persoa usuaria debe ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos en Internet non son enteiramente fiables e que, por tanto https://plataformafeministagalega.org non pode garantir a inexistencia de virus ou doutros elementos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos (software e hardware) da persoa usuaria ou nos seus documentos electrónicos e ficheiros contidos nos mesmos.
MEDIDAS DE SEGURIDADE
Os datos persoais comunicados poden ser almacenados en bases de datos automatizadas ou non, cuxa titularidade corresponde en exclusiva a Plataforma Feminista Galega, asumindo esta todas as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garanten a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nas mesmas de acordo co establecido na normativa vixente en protección de datos.
A comunicación entre as persoas usuarias e https://plataformafeministagalega.org utiliza unha canle segura, e os datos transmitidos son cifrados grazas a protocolos https, por tanto, garantimos as mellores condicións de seguridade para que a confidencialidade estea garantida.
RECLAMACIÓNS
A persoa usuaria poderá realizar reclamacións ou achegar queixas remitindo un correo electrónico a platafromafeministagalega@gmail.com indicando o seu nome e apelidos, e expondo os motivos da súa reclamación ou queixa.
PLATAFORMA DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
Por se pode ser do teu interese, para someter as túas reclamacións podes utilizar tamén a plataforma de resolución de litixios que facilita a Comisión Europea e que se atopa dispoñible na seguinte ligazón: http://ec.europa.eu/consumers/odr/
DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de https://plataformafeministagalega.org.
No caso de que unha persoa usuaria ou un terceiro consideren que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos de propiedade intelectual pola introdución dun determinado contido na web, deberá notificar dita circunstancia a https://plataformafeministagalega.org indicando:
- Datos persoais da persoa titular dos dereitos presuntamente infrinxidos, ou indicar a representación coa que actúa no caso de que a reclamación a presente un terceiro distinto da persoa interesada.
- Sinalar os contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa localización na web, a acreditación dos dereitos de propiedade intelectual sinalados e declaración expresa na que a persoa interesada se responsabilíza da veracidade das informacións facilitadas na notificación
LIGAZÓNS EXTERNAS
As páxinas da web https://plataformafeministagalega.org, poderán proporcionar ligazóns a outros sitios web propios e contidos que son propiedade de terceiras. O único obxecto das ligazóns é proporcionar a Persoa usuaria a posibilidade de acceder ás devanditas ligazóns. https://plataformafeministagalega.org non se responsabiliza en ningún caso dos resultados que poidan derivarse a Persoa usuaria por acceso ás devanditas ligazóns.
Así mesmo, a Persoa usuaria poderá atopar neste sitio, páxinas, promocións, programas de afiliación que acceden aos hábitos de navegación para establecer perfís. Esta información sempre é anónima e non se identifica a Persoa usuaria.
A Información que se proporcione nestes Sitios patrocinados ou ligazóns de afiliación está suxeita ás políticas de privacidade que se utilicen nos devanditos Sitios e non estará suxeita a esta política de privacidade. Polo que recomendamos amplamente revisar detalladamente as políticas de privacidade das ligazóns.
O establecemento da ligazón desde un sitio web ao portal https://plataformafeministagalega.org non implica en ningún caso a existencia de relacións entre https://plataformafeministagalega.org e quen teña a propiedade do sitio no que se estableza a ligazón, nin a aceptación ou aprobación por parte da Plataforma Feminista Galega dos seus contidos ou servizos
POLÍTICA DE COMENTARIOS
Na nosa web permítense realizar comentarios para enriquecer os contidos e realizar consultas. Non se admitirán comentarios que non estean relacionados coa temática desta web, que inclúan difamacións, agravios, insultos, ataques persoais ou faltas de respecto en xeral cara a Plataforma Feminista Galega ou cara a putras persoas e colectivos. Tamén serán suprimidos os comentarios que conteñan información que sexa obviamente enganosa ou falsa, así como os comentarios que conteñan información persoal, como, por exemplo, domicilios privados ou teléfonos e que vulneren a nosa política de protección de datos.
Desestimarase, igualmente, aqueles comentarios creados só con fins promocionais dunha web, persoa ou colectivo e todo o que poida ser considerado spam en xeral.
Non se permiten comentarios anónimos, así como aqueles realizados por unha mesma persoa con distintos alcumes. Non se considerarán tampouco aqueles comentarios que tenten forzar un debate ou unha toma de postura por outra persoa usuaria.
EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
A Prestadora non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:
- A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da web, ou dos seus servizos e contidos;
- A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos;
- O uso ilícito, neglixente, fraudulento ou contrario a este Aviso Legal;
- A falta de licitud, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición no sitio web.
- A prestadora non se fai responsable baixo ningún concepto dos danos que puidesen dimanar do uso ilegal ou indebido da presente páxina web.
LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
Con carácter xeral as relacións entre https://plataformafeministagalega.org coas Persoas usuarias dos seus servizos telemáticos, presentes nesta web atópanse sometidas á lexislación e xurisdición españolas e aos tribunais.
CONTACTO
No caso de que calquera Persoa usuaria tiver algunha dúbida acerca destas Condicións legais ou calquera comentario sobre o portal https://plataformafeministagalega.org, por favor diríxase a platafromafeministagalega@gmail.com
De parte do equipo que formamos a Asociación Plataforma Feminista Galega agradecémosche o tempo dedicado en ler este Aviso Legal