Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

Política de privacidade

A túa privacidade é importante para nós. É política da Asociación Plataforma Feminista Galega respectar a privacidade en relación a calquera información que nos achegues no sitio web https://plataformafeministagalega.org, e outros sitios web que posuímos e operamos.

Quen é responsable do tratamento dos teus datos?

Identidade: Asociación Plataforma Feminista Galega
Domicilio social: Rúa Angustias, 34 casa
CIF: G70521760
Enderezo electrónico: plataformafeministagalega@gmail.com
Nome do dominio: https://plataformafeministagalega.org

Con que finalidades tratamos os teus datos?

Solicitamos informacións persoais só cando realmente precisamos delas para che fornecer un servizo ou resolver unha consulta. Facémolo por medios xustos e legais, co teu coñecemento e consentimento. Tamén te informamos por que os estamos recadando e como serán usados.

Por canto tempo conservaremos os teus datos?

Só retemos as informacións que nos achegas polo tempo necesario para fornecer o servizo solicitado. Cando almacenamos datos, protexémolos dentro de medios comercialmente aceptábeis para evitar perdas e roubos, ben como acceso, divulgación, copia, uso ou modificación non autorizados.

A quen se comunicarán os teus datos?

Non compartimos informacións de identificación persoal publicamente ou con terceiros, excepto cando for esixido por lei.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A lexitimación para o tratamento dos teus datos persoais baséase no consentimento que expresas por medio de aceptación para manter relación coa Asociación Plataforma Feminista Galega.

Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?

De conformidade coa normativa aplicable en materia de protección de datos, tes unha serie de dereitos en relación co tratamento dos teus datos persoais. O exercicio destes dereitos será gratuíto para ti, agás nos casos en que se formulen solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas, especialmente por repetitivas.

Estes dereitos son os seguintes:

  1. Dereito de información: tes dereito á información de maneira concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso, cunha linguaxe clara e sinxela, sobre a utilización e tratamento dos teus datos persoais.
  2. Dereito de acceso: tes dereito a solicitarnos en calquera momento que confirmemos se estamos a tratar os teus datos persoais, a que facilitemos acceso aos mesmos e á información sobre o seu tratamento e a obter unha copia dos devanditos datos. A copia dos teus datos persoais será gratuíta aínda que a solicitude de copias adicionais poderá estar suxeita ao cobro dunha cantidade razoable baseada nos custos administrativos. Pola nosa banda, poderemos pedirche que acredites a túa identidade ou requirirche máis información que sexa necesaria para xestionar a túa solicitude ou consulta.
  3. Dereito de rectificación: tes dereito a solicitar a rectificación dos datos persoais inexactos, non actualizados ou incompletos que teñan relación coa túa persoa.
  4. Dereito de supresión: tes dereito a solicitar a supresión dos teus datos persoais cando, entre outros motivos, estes xa non sexan necesarios para os fins para os que foran recollidos. No entanto, este dereito non é absoluto, de maneira que a nosa organización poderá seguir manténdoos debidamente bloqueados nos supostos previstos pola normativa aplicable.
  5. Dereito a limitar o tratamento: tes dereito a solicitar que limitemos o tratamento tos seus datos persoais o que significa que poderemos seguir almacenándoos, pero non seguir tratándoos de se cumprir algunha das seguintes condicións:
    – que impugnes a exactitude dos datos, durante un prazo que nos permita verificar a exactitude dos mesmos;
    – o tratamento sexa ilícito e te opoñas á supresión dos datos e solicites no seu lugar a limitación do seu uso;
    – a nosa entidade xa non necesite os datos para os fins do tratamento, mais ti si que os precises para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións;
    – e se ti te opuxeches ao tratamento, mentres se verifica se os motivos lexítimos da nosa entidade prevalecen sobre os teus.
  6. Dereito á portabilidade dos datos: tes dereito a que os seus datos sexan transmitidos a outro(a) responsable do tratamento nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica. Este dereito aplícase cando o tratamento dos teus datos persoais estea baseado no consentimento ou na execución dun contrato e devandito tratamento se efectúe por medios automatizados.
  7. Dereito de oposición: este dereito permíteche oporte ao tratamento dos teus datos persoais, incluída a elaboración de perfís. Non poderemos atender o teu dereito unicamente cando tratemos os teus datos no caso de que acreditemos motivos lexítimos para o tratamento ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
  8. Dereito a non someterse a decisións automatizadas, incluídos perfís: este dereito permíteche non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produzan -ditas decisións- efectos xurídicos ou che afecten de modo similar. Salvo que dita decisión sexa necesaria para a celebración ou execución dun contrato, estea autorizada por unha lei ou se base no consentimento.
  9. Dereito a retirar o consentimento: nos casos nos que obtivésemos o teu consentimento para o tratamento dos teus datos persoais en relación con determinadas actividades (por exemplo, co fin de enviar comunicacións), poderás retiralo en calquera momento. Desta forma, deixaremos de realizar esa actividade concreta que consentiches previamente, salvo que exista outra razón que xustifique a continuidade do tratamento dos teus datos con estes fins, nese caso, notificarémosche dita situación.
  10. Dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control: tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, C/Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, 901 100 099 – 912 663 517 (www.agpd.es), ou neste enderezo

És libre para rexeitar a nosa solicitude de informacións persoais, entendendo que talvez non poidamos fornecer algúns dos servizos desexados ou respostar algunha das túas consultas.

Poderás exercitar os dereitos antes indicados enviándonos unha comunicación ao correo electrónico plataformafeministagalega@gmail.com, acompañando un documento acreditativo da túa identidade e proporcionando os detalles necesarios para procesar a túa solude.

O uso continuado de noso sitio web será considerado como aceptación das nosas prácticas en torno a privacidade e informacións persoais. Se tiveres algunha dúbida sobre como lidamos cos teus datos e informacións persoais, contacta connosco.

Esta política é efetiva a partir de Abril/2021.

Skip to content