COMUNICADO DA PLATAFORMA FEMINISTA GALEGA – Xaneiro de 2018
de apoio á crítica patriarcal de ” puritanismo” da campaña #Metoo e ao Movemento Feminista Francés
Unha interpretación que ampara aos Terrorismos Machistas trasladando os límites da seducción aos do acoso, normalizando condutas que tradicionalmente ningunean, cosifican e anulan ás mulleres como complementos secundarios da estrutura patriarcal. Xulgar, por outra banda, ao Movemento Feminista de “puritanismo” na súa loita, é unha visión duns niveis de ridiculez, torpeza e distorsión machista, que soamente poden comprenderse apartires da raíz patriarcal da que xurden.
Dende a PFG, dicimos SÍ a #Metoo e máis rexeitamos completamente as accións machistas de mulleres, mesmo oprimidas no sistema machista patriarcal que as somete, ainda que non sexan quen de recoñecelo, contribuindo asé a alimentar o patriarcado e a súa propia opresión.
Contra os Terrorismos Machistas, #SUMA a prol de accións de COEDUCACIÓN.