A Plataforma Feminista Galega é unha organización feminista independente que reúne a mulleres de diversas procedencias políticas

A Plataforma Feminista Galega é unha organización feminista independente que reúne a mulleres de diversas procedencias políticas.

Poden ser integrantes da Plataforma Feminista Galega todas aquelas mulleres que así o soliciten e que desexen participar e traballar neste espazo feminista galego sempre que amosen ter interese nos fins da mesma. A participación pode ser ben de xeito individual ou ben en representación dun colectivo ou organización afín que colabore e cumpla cos protocolos estabelecidos polas asembleas locais e a PFG no seu conxunto.

A participación desta base social no traballo cotián da PFG é aberta, directa, e democrática canalizándose a través dos grupos de traballo local nas súas actividades locais e nas asembleas periódicas. Entendemos que esta actividade e forma de nos organizar é un dos principais fundamentos, sen os que non ten sentido unha organización como a nosa, e por iso definímonos en primeiro lugar como unha asociación.

Somos unha organización aberta, inclusiva, plural, atenta a todos os puntos de vista de quen loita pola transformación social para rematar coas violencias machistas e quere acadar a igualdade efectiva entre mlleres e homes, pero orgánica e politicamente independente.

Contamos ademais co apoio de colectivos sociais e de organizacións que se identifican cos nosos obxectivos e colaboran connosco en accións de sensibilización e denuncia.

Entre as nosas asembleas anuais funciona unha coordenación nacional composta polas vogalías que cada grupo de traballo local propón para a súa representación. A Xunta directiva da asociación é elixida anualmente pola Asemblea Xeral.

Temos como normas a austeridade e a eficiencia no emprego dos recursos dos que dispomos; o funcionamento democrático e en equipo na xestión; e, en coherencia cos nosos principios, unha xestión económica transparente, sometida a un seguimento periódico pola coordenación nacional que ademáis será difundida no noso espazo web na nosa memoria anual.

Grupos de traballo locais

Ames

Contacta co grupo no enderezo: pfeministaames[@]gmail.com

O Morrazo (Marín)

Contacta co grupo no enderezo: marinpfg[@]gmail.com

Compostela

Contacta co grupo no enderezo: pfgcompostela[@]gmail.com

Ourense

Contacta co grupo no enderezo: pfg.ourense[@]gmail.com

Coruña

Contacta co grupo no enderezo: pfgcorunha[@]gmail.com

Vigo

Contacta co grupo no enderezo: plataformafeministagalegavigo[@]gmail.com

Organizacións e colectivos que colaboran e integran a PFG

Acción universitaria

Rede de Mulleres Veciñais contra Os Malos Tratos de Vigo

STEG muller

ASOCIACION OTRO TIEMPO (Ames)

EQUO Galicia

EU Area muller

Xuventude Comunista

CCOO Área muller

Anticapitalistas Gz

Mulheres Nacionalistas Galegas

Marea Feminista

Foro Galego

Actualidade

A violencia machista é un problema de Estado

En Galicia prodúcese unha agresión sexual cada tres días, 54 feminicidios nos últimos sete anos,  6.500 denuncias por violencia de xénero no pasado ano. As mulleres feministas galegas esiximos recursos para a prevención da violencia de xénero.

Share This