O sábado 3 de marzo ás 18 h na Casa Museo Casares Quiroga en A Coruña celebramos un acto feminista entorno ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller, colaborando como grupo local de A Coruña da Plataforma Feminista Galega xunto a Feminismos Podemos Galicia e Podemos Emprego. Un acto nutrido co manifesto ” Camiñando dentro da Liberdade. A necesidade do 8 M “, xunto ca música dun grupo vocal e a dramatización de textos da ” Tribuna ” de Emilia Pardo Bazán e darase voz á muller siria na Galiza. Un acto que reivindica a Igualdade de Xénero na nosa sociedade, porque somos a metade, e sen nos, o mundo párase.
Súmate ao 8 de Marzo ! Súmate cara á Igualdade de Xénero !