Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

(Texto traducido e adaptado á realidade galega desde a convocatoria feita polo movemento arxentino #NiUnaMenos)

Neste 08 de marzo, a terra treme. As mulleres do mundo nos unimos e organizamos unha medida de forza e un grito común: Folga Internacional de Mulleres. Nós paramos. Facemos folga, nos organizamos e nos atopamos entre nós. Poñemos en marcha o mundo no que queremos vivir.

Paramos para denunciar:

  • Que o capital explota nosas economías informais, precarias e intermitentes.
  • Que os Estados nacionais e o mercado nos explotan.
  • Que os Estados criminalizan os nosos movementos migratorios.
  • Que recibimos menos que os homes e que a diferenza salarial chega, en media, a 23,25% no estado español.
  • Que non é recoñecido que as tarefas domésticas e de coidado son traballos non remunerados e engaden tres horas ás nosas xornadas laborais.
  • Que estas violencias económicas aumentan a nosa vulnerabilidade ante a violencia machista, cuxo extremo máis brutal son os feminicídios.
  • Paramos para reivindicar o dereito ao aborto libre e para que non se obrigue ningunha muller a afrontar a maternidade.
  • Paramos para visibilizar o feito de que, mentres as tarefas de coidado non sexan unha responsabilidade de toda a sociedade, vémonos na obriga de reproducir a explotación clasista e colonial entre mulleres.
  • Paramos para valorar o traballo invisible que facemos, que constrúe redes de apoio e estratexias vitais en contextos difíciles e de crise.

Non estamos todas:

  • Paramos porque están ausentes as vítimas de feminicidio, voces apagadas violentamente a un ritmo asustador.
  • Están ausentes as asasinadas por crimes de odio.
    Están ausentes as presas políticas, as perseguidas e asasinadas por defender a terra e os seus recursos.
  • Están ausentes as mulleres presas debido a delitos menores mentres os crimes corporativos permanecen impunes.
  • Están ausentes as mortas e as presas por abortos inseguros.
  • Ante fogares que se fan un verdadeiro inferno, nós nos organizamos para defendernos e coidar unhas das outras.
  • Diante do crime machista e da pedagoxía da crueldade, diante do intento dos medios de nos vitimizan e nos aterrorizan, facemos do loito individual un consolo colectivo e da rabia, unha loita compartida. Contra a crueldade, máis feminismo.

Nós nos organizamos para mudar todo isto:

  • Nós nos organizamos contra o confinamento doméstico e contra a competencia entre as mulleres, prácticas impulsadas polo mercado e polo patriarcado.
  • Nós nos organizamos en todas partes: nas casas, nas rúas, no traballo, na escola, nos barrios… A forza do noso movemento está nos lazos que creamos.

Tecemos un novo internacionalismo:

  • A partir das situacións concretas en que estamos, nós interpretamos a conxuntura. Vemos que, diante do avance neo-conservador o movemento das mulleres emerxe como potencia de alternativa.
  • Que a nova “caza de bruxas”, que agora persegue o que nomea como “ideoloxía de xénero”, intenta precisamente combater e neutralizar forza e romper a nosa vontade.
  • Ante as múltiples expropiacións e as guerras contemporáneas que teñen a terra e os corpos das mulleres como territorios favoritos de conquista, nós nos rebelamos; estamos en pé.

Arriscamos en alianzas:

Porque nos apropriamos do tempo e construímos xuntas. Facemos da nosa unión unha conversa entre aliadas; das manifestacións, unha festa; e da festa, un futuro en común.

Porque 2017 é o momento da nosa revolución.

#NinUnhaMenos #VivasNosQueremos #EuParo

Skip to content