PFG Santiago con CSOA Escarnio e maldizer.
Dende a Plataforma Feminista Galega queremos mostrar o noso apoio público á labor incansable que supón manter un C.S.O.A. e a tantas persoas que fan posible espazos autoxestionados nos que, entre outros, se poida organizar parte da diversidade feminista da cidade.
Facemos un chamado a que todas aquelas compañeiras que poidan mostren o seu apoio, nunha xornada que nos deixa un CSOA baleiro por unha orde xudicial da UIP e con cargas policiais.
Toda a rúa está cortada, onde se están a producir cargas policiais, por unha policía nacional que non dubidou en entrar esta mañá arrasando con todo aproveitando que non había ninguén dentro do CSOA.
Desaloxado o CSOA Escarnio e maldizer, concentrámonos ás 20:00 o 30 de maio na Porta do Camiño.
10, 100, 1000 centros sociais!
Acude e difunde!
( 30 de maio de 2017 )