O 25 de novembro, algunhas das mulleres que loitamos dende a PFG na asemblea da Coruña, decidimos de xeito individual asistir ao acto convocado pola Marcha Mundial das Mulleres en contra das violencias machistas. Ademais, visibilizamos o noso total apoio e vinculación á campaña “A Coruña en Negro contra as Violencias Machistas”, porque entendemos que a unidade e a loita son dous termos que deben ser sinónimos no proceso de ruptura co sistema patriarcal, creba necesaria para a erradicación dos feminicidios e condutas machistas, e totalmente inherente á conquista dos dereitos e liberdades que precisamos e que todavía non temos.
Por iso, dende a PFG asemblea da Coruña, chanzo a chanzo, imos avanzando e loitando. Imos construíndo igualdade!!