Onte 29 de xuño de 2017, saímos todas á rúa a celebrar e berrar que, un ano máis, somos diversas e estamos orgullosas de selo. Algunhas das integrantes do grupo da PFG da Coruña tamén estivemos polas rúas da nosa cidade, demostrando todo o noso apoio e vinculación á loita do colectivo LGTBQI, co que somos compañeiras contra o heteropatriarcado.