Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

Manifesto do 12 de xuño de 2017

Estos días chegou a nós mediante diversos medios un caso do que precisamos e debemos dar unha opinión ao respecto. Na noite do sábado, nun establecemento da Coruña, o Café Royale, unha parella de dúas mozas foi invitada a abandonar o local polo mero feito de estarse bicando, cando no mesmo lugar había outras parellas heterosexuais facendo o mesmo sen ningún tipo de represalia. Para nós, isto é homofobia.
A violencia homofóbica, como calquera outra violencia, non só se limita a agresións físicas, torturas, malleiras ou insultos, senón que tamén engloba a intimidación e a limitación do exercicio dos dereitos que como colectivo se teñen e que con moito esforzo se conseguiron visibilizar ao longo dos anos. Estamos, polo tanto, perante un caso de violencia homofóbica que non podemos deixar de denunciar e moito menos consentir.
Como Plataforma Feminista Galega vémonos na obriga de apoiar a loita e o empoderamento do colectivo LGTBQI, pois o heteropatriarcado, ao favorecer un modelo social baseado en dúas identidades sistemáticas asociadas aos roles de xénero, atalla que a liberación da orientación sexual e a identidade de xénero estea intimamente relacionada coa cuestión de xénero, facéndonos compañeiras nunha mesma loita. E para máis, nun caso na que as integrantes afectadas de tal colectivo son mulleres, é dicir, vítimas da dobre opresión de seren mulleres e non heterosexuais.
Por iso, dende a PFG A Coruña amosamos todo o noso apoio e solidariedade coas afectadas, rexeitando e condenando as actitudes LGBTQI-fóbicas e reivindicando unha cidade libre de espazos homofóbicos, racistas e sexistas.
Queremos ser libres para ser o que somos e querer a quen queiramos, e imos loitar por iso!!

Skip to content