Cartaces coas cidades que se teñen sumado a nível galego e estatal até o momento da publicación desta entrada
Na pasada fin de semana recibimos a seguinte mensaxe nas nosas redes sociais:
“MANIFESTACIÓN POR JUANA RIVAS
Se buscan voluntarixs para que esto salga adelante, la idea principal es hacer una manifestación sincronizada entre todas las comunidades posibles y ciudades de éstas.
En cada comunidad se hará un grupo cuando lxs organizadores pasen de 2 o 3 personas, mientras tanto las personas que se ofrezcan en cada comunidad estarían en un grupo xeneral dónde se tratará la fecha, la hora y todo lo necesario para las manifestaciones.Si quieres participar en la organización contacta por correo electrónico: macromanifestacionjuanarivas@gmail.com.
¡Esto no va a quedar así, un padre maltratador no es un buen padre! DIFUNDE EL MENSAJE”
Desde a Plataforma Feminista Galega ao igual que temos feito noutras ocasións ante o chamado do movemento feminista decidimos sumar a esta iniciativa e pular porque a convocatoria na Galiza sexa no maior número de cidades e vilas. É por iso polo que respostamos á mensaxe e comezamos a traballar no grupo de Telegram aberto con mais de 30 participantes para coordinar (a nivel estatal) as accións por territorios.
Sabemos que neste momento na Galiza xa nos xuntamos a esta iniciativa tanto a Plataforma Feminista Galega como a Marcha Mundial das Mulleres mais achamos importante dar unha resposta colectiva dos feminismos da Galiza.
A proposta que nos chega é o dunha acción descentralizada mais coordenada e sen protagonismos. Trasladamos a proposta a todas aquelas plataformas, coordinadoras, organizacións e grupos de mulleres para que a fagan súa e a impulsen, vila a vila, cidade a cidade.
Esta é unha proposta colectiva, xorde das mulleres e é levada adiante por todas elas. Esperamos que recollades esta iniciativa e que a fagades vosa, que a fagades medrar. Que o 9 de setembro nos fagamos visíbeis, dun modo maioritario, no maior número de vilas e cidades da Galiza e que esta iniciativa consiga o efecto desexado.
Galiza 29/08/2017
No passado fim-de-semana recebemos a seguinte mensagem nas nossas redes sociais:
“MANIFESTACIÓN POR JUANA RIVAS
Se buscan voluntarixs para que esto salga adelante, la idea principal es hacer una manifestación sincronizada entre todas las comunidades posibles y ciudades de éstas.
En cada comunidad se hará un grupo cuando lxs organizadores pasen de 2 o 3 personas, mientras tanto las personas que se ofrezcan en cada comunidad estarían en un grupo xeneral dónde se tratará la fecha, la hora y todo lo necesario para las manifestaciones.Si quieres participar en la organización contacta por correo electrónico: macromanifestacionjuanarivas@gmail.com.
¡Esto no va a quedar así, un padre maltratador no es un buen padre! DIFUNDE EL MENSAJE”
Desde a Plataforma Feminista Galega ao igual que temos feito noutras ocasiões ante o chamado do movimento feminista decidimos somar a esta iniciativa e pular porque a convocação na Galiza seja no maior número de cidades e vilas. É por isso que respostamos à mensagem e começamos a trabalhar no grupo de Telegram aberto com mas de 30 participantes para coordenar (a nível estatal) as acções por territórios.
Sabemos que neste momento na Galiza já nos juntamos a esta iniciativa tanto a Plataforma Feminista Galega como a Marcha Mundial das Mulheres mas achamos importante dar uma resposta colectiva dos feminismos da Galiza.
A proposta que nos chega é o de uma acção descentralizada mas coordenada e sem protagonismos. Transferimos a proposta a todas aquelas plataformas, coordenadoras, organizações e grupos de mulheres para que a façam sua e a impulsionem, vila a vila, cidade a cidade.
Esta é uma proposta colectiva, surge das mulheres e é levada adiante por todas elas. Esperamos que recolhais esta iniciativa e que a façais vossa, que a façais medrar. Que o 9 de setembro nos façamos visíveis, de um modo maioritário, no maior número de vilas e cidades da Galiza e que esta iniciativa consiga o efeito desejado.
Galiza 29/08/2017