Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

Faladoiro sobre o amor romántico

O día 14 de Febreiro, tivemos unha cita no Matadoiro Compostela, ás 19:45H. Con esta charla, tratamos de desmontar as teorías do amor romántico, no día no que este se máxifica.
Dende a Plataforma Feminista Galega – Compostela, vos convidamos a todas a participar nesta interesante charla que estará a cargo de:

Eva Garea, Profesora de Filosofía, ou mais ben o estudante de Filosofía, como ela se autodenomina. Licenciada en Filosofía pola USC, pertencente á asociación Nexos de didactica da Filosofía. Autora de manuais didácticos de Filosofía, Antropoloxía e Psicoloxía. Dúas veces Premio de Innovación Educativa pola Xunta de Galicia, o Ministerio de educación e o de Cultura. Apasionada polas Neurociencias e as Movas tecnoloxías.
Vanessa Angustia, Senadora, interesada no recoñecemento dos dereitos dos distintos colectivos LGTBI+. Defendeu a postura pola que se insta o Goberno a desenvolver un protocolo no ámbito educativo sobre o acoso escolar pola orientación sexual, participou nos procesos das leis de igualdade LGTBI de Andalucía, Madrid, Cataluña e Galicia, e nas Leis de Transexualidade de Andalucía, Euskadi e Navarra.
Encarna Otero, Vinculada sempre ao movimiento feminista galego colaborou en diferentes publicacións galegas como “A Nosa Terra”, “O Ensino”, “Andaina”, “Festa da Palabra Silenciada” con diversos artigos sobre a muller na historia.É membro da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. E conta con diferentes ensaios políticos.
Ven e participa!!

https://www.facebook.com/events/406755932995566/?acontext=%7B%22ref%22%3A%223%22%2C%22ref_newsfeed_story_type%22%3A%22regular%22%2C%22action_history%22%3A%22null%22%7D&sw_fnr_id=3540380160&fnr_t=0

( 14 de febreiro de 2017 )

Ir o contido