Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

Faladoiro: ” Transtornos alimenticios “.

No faladoiro do 27 de abril a Plataforma Feminista Galega contou con Ana Gago (psiquiatra), Paula Quinteiro (enfermeira) e Eva Montero (xornalista), que explicaron e profundizaron máis acerca dos trastornos alimenticios e as suas causas, e como podemos artellar unha alternativa desde a diversidade dos corpos e das nosas vidas. Unha alternativa ás presións socioculturais e mercantilistas sobre os corpos das mulleres perxudicando gravemente a saude. Nesta época do ano as presións exercidas sobre os corpos das mulleres aumentan coa chamada “Operación bikini”. O obxectivo é exercer control sobre os nosos corpos e as nosas vidas impulsado polos cánones de beleza, que non respetan a diversidade das mulleres e nos impoñen un modelo de físico inalcanzable. Así, xurden numerosas campañas sobre estética, dietas e métodos de beleza que nos bombardean a través dos medios de comunicación, xerando ansiedade e frustración nas mulleres por non poder conseguir ese obxectivo.

Este tipo de presións poden desembocar en moitas ocasións, e sobre todo, na etapa da adolescencia, en trastornos alimentarios como a bulimia e anorexia. Provocados pola necesidade de adelgazar a toda costa para achegarnos máis a eses estándares que o sistema patriarcal e económico dictan sobre nós. Estes desordes son de extrema gravidade e marcan considerablemente a vida e o futuro das mulleres.
Porque querémonos diversas, e libres de cánones de beleza! Sempre libres, sempre en loita ! ( 27 de abril de 2017 )
<iframe src="https://www.facebook.com/plugins/post.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fplataformafeministagalega%2Fposts%2F1396577537095400&width=500" width="500" height="759" style="border:none;overflow:hidden" scrolling="no" frameborder="0" allowTransparency="true"></iframe>
Ir o contido