Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

Artigos: A PFG Ourense sobre a casa de acollida.

A Plataforma Feminista Galega de Ourense esixe unha casa de acollida para vítimas de violencia de xénero xestionada directamente polo Concello, que vén de ampliar o contrato coa Fundación Amaranta-Adoratrices.

Dende a Plataforma Feminista Galega de Ourense esiximos unha casa de acollida para Vítimas de Violencia de Xénero xestionada directamente polo concello de Ourense como única forma de garantir unha atención axeitada a estas mulleres e as súas familias.

A recuperación psicosocial das mulleres vítimas de violencia machista é un proceso longo e difícil que precisa da intervención en rede de profesionais de diversas disciplinas a través dunha metodoloxía sistémica e integral. Segundo recolle a Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, os concellos deben de ofrecer a estas mulleres e as súas familias a protección, as condicións de recuperación persoal e o acompañamento necesarios para a organización da súa vida autónoma.

O Concello de Ourense cede un ano máis esta responsabilidade á Casa de Acollida de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero xestionada pola Fundación Amaranta-Adoratrices de Ourense. Esta entidade relixiosa, a pesar de ter un persoal profesional cualificado a tempo parcial e para labores moi concretas, dificilmente cómpre co seu cometido xa que o acompañamento a estas mulleres e as súas fillas e fillos, é levado a cabo por persoas cunha “capacitación” que lle ven dada polo feito de pertencer a unha orde relixiosa.

A Plataforma Feminista Galega de Ourense considera un despropósito que un recurso destas características sexa xestionado por relixiosas que carecen da formación necesaria para a realización dun traballo tan importante que debe supoñer, entre outras cousas, o empoderamento de mulleres vítimas de violencia machista, para poder afrontar unha nova vida independente e autónoma, potenciando unha intervención psicosocial cualificada e non supeditada ao asistencialismo nin á beneficencia.

( Artigos do 2 e 3 de xuño de 2017 )

<iframe src="https://www.facebook.com/plugins/post.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fplataformafeministagalega%2Fposts%2F1431985736887913&width=500" width="500" height="453" style="border:none;overflow:hidden" scrolling="no" frameborder="0" allowTransparency="true"></iframe>
<iframe src="https://www.facebook.com/plugins/post.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fplataformafeministagalega%2Fposts%2F1431182160301604&width=500" width="500" height="621" style="border:none;overflow:hidden" scrolling="no" frameborder="0" allowTransparency="true"></iframe>
Skip to content