Ola compañeiras,
Como xa moitas sabedes hai prevista polo Feminismo unitario unha acción a nível estatal o 19 de xuño ante a aprobación dos próximos orzamentos xerais do Estado para 2017 e a pasividade criminal dos poderes públicos ante os recortes adicados a este tema.
Enviamos o enlace da nosa web para que poidades ter máis información:
https://plataformafeministagalega.org/nos-concellos-contra…/
Dende a PFG acordamos sumarnos á mesma, mais gostariamos que todas as organizacións feministas da nosa cidade e contorna e todas as mulleres feministas que asi o consideren, participaramos dunha forma unitaria na resposta porque Xuntas somos máis Fortes.
Como o tempo bótasenos enriba facemos unha convocatoria aberta urxente para o luns día 12 ás 19:00 h. na Sala 2 da Biblioteca do Centro Ágora, en A Coruña, Lugar da Gramela, nº 17, (C.P.15010) para que entre todas poidamos artellar unha resposta.
Agardando a vosa presencia, vémonos o luns.
Apertas feministas.
Agradécese confirmación no mail da PFG A CORUÑA: pfgcorunha@gmail.com