Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

Dende o activismo feminista galego saímos hoxe á rúa, en todas as cidades e grande número de vilas, para amosar o noso apoio á moza sobrevivinte da manada de Manresa, unha nena, unha menor de 14 anos que foi violada por 6 homes mentres un 7º se masturbaba.

Unha vítima máis á que un fiscal volve poñer en dúbida ao entender que se debería ter resistido e polo tanto poñer en risco a súa vida para considerar que o que ela sufriu é unha violación.

Unha vítima máis á que se culpabiliza por ter bebido, servindo esta circunstancia como atenuante para as condenas dos agresores.

Señor fiscal, que 7 homes dispoñan do corpo dunha muller ao seu antollo é unha violación e si, ademais, é unha menor aínda é máis grave sexan cales foran as circunstancias que o rodeen.

Señoras e señores políticos, por desgraza temos que seguir lamentando que a formación en materia de xénero non estea chegando ao poder xudicial como vimos reivindicando dende o movemento feminista.

Cantas violacións máis deben ocorrer para que o sistema xudicial entenda o que supoñen para unha muller estes terribles feitos e deixen de xulgarnos ás sobrevivintes?

Señoras e señores fiscais, xuíces, avogados estas actuacións no exercicio da súa profesión fai que sexan cómplices de perpetuar a cultura da violación.

Pedímoslles unha vez máis que rectifiquen e que se formen para entender que cando unha muller denuncia unha violación non é nada doado e non é un capricho.

En canto a ti, irmá e aos teus familiares, dicirche que contas con todo o noso apoio, a nosa sororidade, crémoste e sairemos á rúa a pelexar por que se faga xustiza para ti e para todas.

Sabemos que tes medo a ser xulgada, a ser rexeitada e que até podes sentir vergoña, pero nós queremos que saibas que non estás soa, que o que che fixeron a ti fixéronnolo a todas e que non permitiremos que a xustiza non cumpra co seu papel.

NON É ABUSO É VIOLACIÓN || EU CRÉOTE || XUSTIZA PATRIARCAL

Convocatorias

  • Allariz 20h Praza do concello
  • Ames: 20h Praza da Maía
  • As Pontes 18h Praza do hospital
  • Cambados 21h diante do concello
  • Cangas 18h diante do concello
  • Chantada 21h na Rúa Leonardo Rodriguez
  • Coruña 18h diante do concello
  • Compostela 20h Praza 8 de marzo
  • Cuntis 21h Praz da árbores
  • Ferrol 20h Cantón de Molíns (diante palco música)
  • Foz 20:30 diante do concello
  • Laxe 20h Praza Ramón Juega
  • Lugo, 20h diante do concello
  • Marín 20h diante do concello
  • Miño 21h diante do concello
  • Monforte 20h Praza de San Antonio
  • O Porriño 20h Praza do concello
  • Ourense 20h Praza Maior
  • Pontevedra 18h Concello (Praza de España)
  • Redondela 20.00h diante do Concello
  • Ribadavia 20h Praza Maior
  • Ribeira 20:30 Praza do concello
  • Vilalba 20h Praza da Constitución
  • Vilagarcía 20h diante do concello
  • Vigo 20h diante do MARCO

 

Skip to content