Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

Unha vez máis a violencia machista rematou coa vida dunha muller e concentrámonos para amosar a nosa indignación, rabia e repulsa contra esta lacra. Esta vez foi na Coruña, onde unha muller de 73 nos foi asasinada polo seu xenro. Tralo asasinato, secuestrou a súa filla de 21 meses. No momento da súa detención tiña dous billetes de avión coa intención de fugarse coa rapaza.
Con este último asasinato, xa son 63 ás vítimas da violencia machista no que levamos de 2017, 56 mulleres e 7 crianzas.
A pesares destas escandalosas cifras,os medios e recursos existentes para loitar contra a violencia machista son insuficientes:
● Os xulgados galegos especializados en violencia machista pechan as súas portas por vacacións, derivando os casos que se presenten a un xulgado de garda. A explicación desta penosa situación se lle achaca a falta de presuposto, reafirmando unha vez máis que a violencia machista non é máis que algo secundario na axenda do noso goberno. Desgraciadamente, a violencia machista non ten vacacións…
● Hai Centros de Información ás Mulleres que non cumpren a normativa carecendo das/os profesionais requiridas por decreto, o que imposibilita o correcto funcionamento dun servizo fundamental para poder mellorar a situación de moitas mulleres vítimas de violencia machista.
● O “Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero” é un pacto de mínimos: incorpora medidas para abordar algunhas das situacións máis urxentes e a pesares de non ser malas medidas, son insuficientes xa que neste pacto non se desenmascara a cultura do machismo, cultura que consolida esta violencia. Sen medios, recursos e orzamento, os gobernos teñen unha responsabilidade directa, converítndose en cómplices desta violencia.
Por todo isto temos a obriga de seguir traballando e saíndo a rúa para visibilizar a nosa indignación, representando a todas ás mulleres que xa non están con nós ao seren asasinadas e mans de homes que non saben querer, que confunden o amor coa posesión.
Estamos aquí para apoiar a todas ás mulleres que están a sufrir violencia machista, para amosarlles que non están soas.
CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, LOITA FEMINISTA!!
O 23 de agosto vémonos ás 20 h en distintos puntos de Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Orense, A Coruña, Ames e Marín
#Súmate #XUNTASnunhamesmaloita #BASTAdeTerrorismosMachistas #BastadeFeminicidios #PlataformaFeministaGalega

CONCENTRACIÓN EN MARIN

CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONCENTRACIÓN EN VIGO

<iframe src="https://www.facebook.com/plugins/video.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fplataformafeministagalega%2Fvideos%2F1512356132184206%2F&show_text=0&width=560" width="560" height="308" style="border:none;overflow:hidden" scrolling="no" frameborder="0" allowTransparency="true" allowFullScreen="true"></iframe>
<iframe src="https://www.facebook.com/plugins/video.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fplataformafeministagalega%2Fvideos%2F1512352115517941%2F&show_text=0&width=560" width="560" height="308" style="border:none;overflow:hidden" scrolling="no" frameborder="0" allowTransparency="true" allowFullScreen="true"></iframe>

CONCENTRACIÓN EN A CORUÑA

<iframe src="https://www.facebook.com/plugins/video.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fplataformafeministagalega%2Fvideos%2F1512294058857080%2F&show_text=0&width=560" width="560" height="315" style="border:none;overflow:hidden" scrolling="no" frameborder="0" allowTransparency="true" allowFullScreen="true"></iframe>

CONCENTRACIÓN EN OURENSE

CONCENTRACIÓN EN AMES

Ir o contido