Non ao feminicidio !
O 20 de decembro en Santiago, Lugo, A Coruña, Ferrol, Vigo, Bertamiráns… saímos á rúa porque xuntas remataremos co patriarcado criminal.
Se nos tocan a unha, tócannos a todas.
Esa semana, case un mes despois de reivindicar os nosos dereitos como mulleres, víamos unha vez máis como o patriarcado atacaba con tódalas súas armas: unha muller era apuñalada en Santiago e outra asasinada en Vigo. No primeiro caso o home segue desaparecido e no segundo, a pesares de que os veciños escoitaron gritos, non acudiron a auxiliala.
A isto engádese o feito de que rematamos o 2016 cunha duplicación no número de denuncias rexistradas en comparación ao ano anterior. A maioría dos casos rexistrados son considerados de “baixo risco” é dicir, a vixiancia a domicilio (ocasional ou constante) só se aplicou en 3.589 casos de 21.057.
Por outra banda a chantaxe económica, emocional e física á que están sometidas estas mulleres provoca que moitas delas cheguen incluso a rexeitar a protección.
Temos que ser conscientes polo tanto de que o patriarcado ten cómplices en todas partes e que só a unidade na loita pode romper con este sistema que nos explota, viola e asasina. Por iso, dende o movemento feminsta galego animámosvos a todas a acudir ás concentracións convocadas pra este martes. Porque tódolos días son 25N.
NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA! NINGÚN AGRESOR SEN CASTIGO!
( 20 de decembro de 2016 )