Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

Os diferentes coletivos e individualidades feministas e do sindicalismo alternativo que convocan o 1 de maio feminista e de clase en Compostela condenamos todo tipo de agresións machistas, en calquera espazo; e tamén ás organizacións sociais e políticas que, en troques de asumir a súa responsabilidade na erradicación das violencias patriarcais, só ofrecen silenciamento e  humillación ás agredidas, e cumplicidade e cobertura aos agresores. Este modus operandi significa que as organizacións promoven, avalan e perpetúan as violencias machistas e o sistema heteropatriarcal.

Por isto, esiximos que as organizacións sociais e políticas que conscientemente actuaron dende a inoperancia e o secretismo, e na que ademais están integrados e incluso ostentan cargos agresores que levan tempo sinalados, non participen desta manifestación.

O feminismo non é un slogan. As organizacións que se nomean como feministas teñen dúas opcións: aplicalo nas súas estruturas e prácticas ou deixar de denominarse como tal.

 

SE NON FAS PARTE DA SOLUCIÓN, ES PARTE DO PROBLEMA!

NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!

Ir o contido