Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

COMUNICADO DA PLATAFORMA FEMINISTA GALEGA – Xaneiro de 2018
sobre o uso do 016 e a non aprobación polo Goberno do presuposto para o Pacto de Estado aprobado polo Congreso

 

O goberno do PP reafirma a súa falta de compromiso na loita cara a igualdade. Despois de conxelar o orzamento disposto no pacto contra a violencia machista, o que visiblemente non é considerado como un asunto de prioridade política, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publica un prego que modifica por completo o obxectivo dun recurso específico contra a violencia machista que leva funcionando dende fai 10 anos, o teléfono 016, teléfono de atención á vítimas de maltrato por violencia de xénero. O PP inclúe un novo servizo que ofrece orientación e información aos homes en materia de violencia de xénero, pervertendo completamente este recurso orientado ás vítimas.

 

Dende a Plataforma Feminista Galega consideramos un profundo erro que banaliza obxectivo dun recurso necesario para as vítimas de violencia machista e que obriga a estas a compartir o mesmo cos seus agresores. Coa elaboración desta reforma, o PP demostra de novo a súa incompetencia en materia de xénero.

 

Estando de acordo en que son necesarios programas de prevención que inclúan asesoramento e información destinado aos homes, parécenos un grave disparate e sobre todo unha gran irresponsabilidade por parte do goberno do Estado, que o 016, un número de teléfono estipulado para atender emerxencias para vítimas de violencia machista se utilice para outros fins.

 

A Plataforma Feminista Galega esixe que se retire de forma inmediata de dito prego de condicións e insta ao goberno do PP a elaborar outro que non compatibilice a atención ás emerxencias das vítimas de violencia machista co asesoramento aos seus posibles agresores.

Skip to content