Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

En resposta ás dúbidas xurdidas acerca do funcionamento da casa de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero do Concello da Coruña, por mor das denuncias públicas formuladas pola Asociación Ve-la Luz, a Asemblea local da Coruña da Plataforma Feminista Galega manifesta o seguinte:
Tentando de ter unha visión o máis obxectiva e fidedigna posible emprendemos unha labor de investigación e análise que nos levou á conclusión de que o tema precisa aínda de máis traballo pola nosa parte neste sentido, e que non sería o máis axeitado nin para ás mulleres usuarias deste servicio público, nin para as traballadoras do centro de acollida, nin para á sociedade no seu conxunto, entrar agora en debates que nos resten forza, realizar afirmacións ou verter xuízos de valor sobre persoas concretas ou sobre os feitos denunciados.
Polo tanto, dende a Plataforma Feminista Galega – Asemblea local da Coruña, queremos declarar o noso inquebrantable compromiso coa defensa dos dereitos destas mulleres, irmás na loita contra o patriarcado que nos oprime e violenta por igual, e a nosa firme vontade de traballar na procura de melloras no sistema actual de protección das mulleres vítimas de violencia de xénero, ata acadar o seu efectivo empoderamento, facendo nosa esta tarefa e nosos tamén os padecementos, proveñan de onde proveñan, tanto das mulleres usuarias como das mulleres traballadoras da casa de acollida da Coruña.


Feito na Coruña, o 1 de febreiro de 2017

Plataforma Feminista Galega
Asemblea local A Coruña

<iframe src="https://www.facebook.com/plugins/post.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fplataformafeministagalega%2Fposts%2F1304472619639226&width=500" width="500" height="300" style="border:none;overflow:hidden" scrolling="no" frameborder="0" allowTransparency="true"></iframe>
Skip to content