Señor Ministro de Xustiza:
Como ao parecer nen vostede nen o partido que o nomeou Ministro de Xustiza teñen memória vémonos na obriga de lla refrescar porque as si feministas temos memoria. Señor Catalá, ven vostede de facer unhas declaracións nas que afirma que é partidario de que as leis se axusten á realidade. Pois ben, queremos lembralle que:
Xa no ano 2015 as oganizacións feministas que nos manifestamos no 7N pediamos que se desenvolvera e implementara o Convenio de Istambul así como o cumprimento das recomendacións da CEDAW e que a lei 1/2004 fora reformada para que todas as formas de violencia contra as mulleres estiveran reflectidas nela.
Cando nese mesmo ano o PP reformou o código penal as organizacións feministas esiximos unha vez máis a definición legal de violación como a ausencia de consentimento. Esta definición non é que se nos acordara ás feministas por casualidade senón que é o que esixe o Convenio de Estambul sobre Violencia contra la Mujer que entrara en vigor de forma general y para o Reino de España el 1 de agosto de 2014 e que é considerado o marco xurídico máis completo até hoxe para combater a violencia contra as mulleres e nenas. O convenio obriga aos países asinantes a considerar como violación “a penetración non consentida, con carácter sexual, do corpo doutra persoa con calquera parte do corpo ou cun obxecto”, haxa ou non haxa violencia. Pois ben sa reforma do Código Penal non contemplou ningunha medida para que as mulleres estivésemos mais protexidas fronte a violencia porque para o goberno do PP iso non era urxente.
Sen o recoñecemento legal de que a falta de consentimento é unha violación, temos sentenzas como a da Manada e centos mais. Temos mulleres desprotexidas por un goberno machista, que permite unha lexislación na que recae en nós a responsabilidade de protexernos dunha violación, cando os estudos demostran que un 70% sofren parálise involuntaria durante a agresión.
Esqueceu tamén o Señor Ministro de que no pacto de Estado contra a Violencia de Xénero hai 119 medidas que precisan financiamento e que son inviables por falta de orzamento. O Partido Popular e Ciudadanos romperon o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero ao non dotalo de medios económicos. Sobran palabras señor Catalá cando os feitos falan de seu.
Declara o señor Catalá que o CGPJ debera ter actuado contra o xuíz que emitiu un voto particular, e considera que ten un problema singular. Ese problema é o machismo e a misoxinia e non é o único que adoece destes males. A Lei Contra a Violencia de Xénero esixe formación dos xuices e xuízas e o goberno considera que 8 horas de formación son suficientes.
Máis que sorprendente é que considere responsable de manter no cargo a un xuiz “problemático” ao CGPJ, Catalá esquece que a maioría dos seus membros son elixidos polo PP e mesmo son membros do seu partido. O propio Lesmes ocupou cargos en gobernos do PP.
Se busca responsables Señor Catalá, búsqueas no seu propio goberno. Súa é a responsabilidade de que non se reformase o Código Penal, de que os xuíces non teñan formación en Violencia de Xénero, da saturación dos xulgados, de que non se presupostasen medios contra a Violencia Machista. O exercicio de hipocrisía que está a facer coas súas declaracións insulta a nosa intelixencia.
É hora de que o estado asuma a súa responsabilidade.