#19X Alertafeminista
Coa reforma da Lei do Réxime Local impulsada polo Goberno do PP, desapareceron as competencias e, por tanto, os orzamentos municipais para atender ás mulleres. Desapareceu a cobertura para facer programas de atención, puntos de información, pisos de acollida e programas de recuperación para vítimas da violencia de xénero. E a defensa da Igualdade e a loita contra a violencia machista seguen sen contar coa suficiente dotación orzamentaria por parte do Estado. Mentres, as mulleres seguimos sendo asasinadas polo feito de o sermos, aínda que algunhas non sexan contadas como vítimas de violencia de xénero porque non cumpren os estritos requisitos esixidos pola lei. Este é o motivo polo que organizacións feministas convocamos accións nos Concellos hoxe luns, 19 de xuño.
Este, e porque o número incesante de mulleres 41 (dúas delas na Galiza) e criaturas 7 asasinadas no que levamos de ano, fai que urxa un compromiso político que se traduza nun incremento de recursos. Para reclamalo, o luns 19 de xuño, a mesma semana na que chegarán os Orzamentos Xerais do Estado ao Congreso, convocáronse protestas nos concellos desde as 12 ás 00 horas.
Polas que xa non poden, por ti, por nós, por todas. Vémonos nos concellos !!!