Libres, desobedientes e feministas, para mudalo todo!

Contacta!

Compartimos a acción Alerta Feminista 19X, creada como consecuencia dos asasinatos de mulleres por violencia machista e a pouca implicación do goberno neste asunto.

Por este motivo, xunto a outras organizacións do ámbito local, autonómico e estatal, convocamos á cidadania de Compostela a concentrarmonos o próximo día 19 de xuño fronte ao Concello para esixir que se aumente, para comezar, a 120 millóns a asignación orzamentaria destinada á igualdade e á loita contra a violencia de xénero.

Así mesmo, convidamos a todas as organizacións de mulleres, sociais, políticas, sindicais, culturais e ao pobo de Compostela, para que se unan a esta mobilización nun acto simbólico de unión e forza para loitar contra a violencia machista.

A continuación deixámosvos os detalles das accións previstas* e convidámosvos a vos unirdes a nós, porque a revolución será feminista ou non será!

  • 12:00 Achegarémonos ao concello para ler un manifesto e entregar unha moción onde exiximos que a corporación municipal, que é quen representan á cidadanía, inste o goberno central a que invista en prevención contra a violencia de xénero e en recursos.
  • 14:00 – 16:00 Xantar colectivo: trae o teu bocata, tortilla, empanada…
  • 20:30 Concentración – cacerolada: trae cacerolas, cubertos, a túa tixola reivindicativa ou o que se che ocorra para facer ruído, imaxinación ao poder…

CARTELARÍA PROTESTA: para visualizar a protesta trae a túa pancarta ou cartaz contra o terrorismo machista, non cales a túa rabia, escríbea!!

*Este programa está aberto e ao longo da xornada desenvolveranse actividades. Podes colaborar in situ e achegarte a calquera hora ao longo da xornada.

Ir o contido